Sobre as 18:00 horas deste martes tarde foron alertados por un particular, dunha persoa en parada cardiorrespiratoria na Praia de Os Muiños.
Ata o punto desprazáronse 3 voluntarios e un Policía Local fora de servizo con vehículo VIR. Unha vez no lugar conectaron o desfibrilador semiautomático ao paciente de algo mais de 60 anos, continuando coas manobras de RCP iniciadas por un bombeiro fora de servizo, unha enfermeira e varios usuarios da praia, sendo necesario realizar varias descargas co DESA.
Cando chegou a ambulancia e o Helicóptero do 061, fixéronse cargo do paciente, e unha vez estabilizado foi trasladado de urxencia no helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para a sua avaliación.
Unha vez de retorno do servizo na base, as 19:30 horas, os voluntarios da agrupación foron alertados novamente polo 112 Galicia por culpa de un menor de idade en parada cardiorrespiratoria na praia do Lago.
Ata o punto desprazáronse de novo os mesmos efectivos (3 voluntarios e o Policía Local fora de servizo) con vehículo VIR, que unha vez no lugar comprobaron como un menor de idade duns 5 anos, estaba en brazos da súa nai con síntomas de hipotermia.
Préstanlle os primeiros auxilios necesarios, ata chegada dos efectivos sanitarios, non sendo necesario utilizar desfibrilador semiautomático, dado que o menor xa recobrara a conciencia.
O neno estivo por un periodo corto, boca abaixo na auga, sendo a nai a que se decatou e conseguiu reanimalo e facer que expulsase a auga que tragou coas súas manobras antes da chegada dos voluntarios.
Unha vez estabilizado polos facultativos médicos desprazados nunha ambulancia do 061, o menor foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para a sua avaliación.