30
Despois de case dous meses de formación a distancia, e tras realizar os correspondentes exames teóricos na Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), finalmente, personal da Agrupación de Protección Civil de Muxía e Bergondo, realizaron o examen práctico en campo de voo, co que rematan a formación que os habilita como Pilotos de UAS/RPAS.
Esta formación ten como fin, a habilitación de persoal de Protección Civil no uso de UAS/RPAS en diferentes situacións de emerxencias e seguridade, como poden ser a búsqueda de persoas desaparecidas, rescates, incendios forestais, etc..
O contido formativo, foi impartido por videoconferencia durante dous meses pola Associación Catalana aeronaves no tripuladas – Ascant.