- O coche foi adquirido mediante unha partida de fondos propios do Concello e do POS 2020 da Deputación de Coruña
O Concello de Muxía fixo entrega este xoves dun novo automóbil todoterreo á asociación local de Protección Civil da localida. Dito vehículo foi financiado a través dunha partida que consta de fondos propios do Concello e do POS 2020 da Deputación da Coruña.
O coche, que xa está no parque móbil da agrupación, trátase dunha ‘pick-up’ marca Nissan Navara que combina comodidade, capacidade e última tecnoloxía para facilitar o traballo e a gran labor desta asociación muxiá.
Tras o acto de entrega, o alcalde, Iago Toba, destacou que «a agrupación local de Protección Civil de Muxía é un orgullo para este pobo, por iso, desde o goberno local queremos reflexar este agradecemento outorgando material e medios para que se manteñan como unha das mellores agrupacións de Galicia».