- Esta infraestrutura foi unha das promesas do actual goberno socialista, liderado por Iago Toba
O equipo de Protección Civil de Muxía recibiu este venres as chaves e documentación da nova nave, unha das promesas realizadas polo equipo de goberno de Iago Toba, quen participo no acto de entrega xunto co concelleiro de Obras, Javier Romar. Por parte da agrupación de voluntarios acudiu o seu responsable, Ramón Pérez.
A nova nave, ubicada no núcleo urbano de Muxía, consta dunha dobre altura interior con fácil acceso de vehículos de gran envergadura. A recente construción tamén conta todo tipo de instalacións eléctricas.
“Coa entrega de chaves, cúmprese cunha das promesas feitas polo equipo de goberno», destacou Toba, quen fixo fincapé na importante labor que realizan todos os integrantes de Protección Civil da localidade.