Protección Civil de Ponteceso prepara o equipamento para o persoal de socorrismo

Protección Civil Ponteceso

  • Traballarán este verán nas praias de A Ermida, Balarés e O Osmo, que este ano volven contar con Bandeira Azul

Integrantes de Protección Civil de Ponteceso preparan o equipamento para o persoal de salvamento e socorrismo que ao longo deste verán desenvolverán o seu traballo nos areais A Ermida, Balarés e Osmo. Praias, ademais, que acaban de recibir de novo cadansúa Bandeira Aazul. Entre o material a acondionar, que se atopa nas naves de Tella, inclúense os motores, remolques e zodiac.