Protección Civil de Ponteceso rescatou 63 cans durante o ano 2021

Concello de Ponteceso

  • Máis da metade foron devoltos aos seus donos despois de ser revisados por un veterinario

Durante o ano 2021 membros de Protección Civil de Ponteceso recolleron un total de 63 cans que se atopaban perdidos ou abandonados polas rúas do concello. Afortunadamente 45 deles regresaron cos seus propietarios despois de ser revisados por un veterinario e recibir as correspondentes vacinas ademais do chip. O resto entregáronse en adopción ou foron enviados á protectora ASPADAN. Na actualidade hai un animal na base, pero desde o Concello informan que será recollido proximamente por outra entidade.

O goberno local agradece o traballo da agrupación así como dos veciños que axudan a devolver a estes animais aos seus fogares chamando ao 981 714 000.