38
O 112 Emerxencias Galicia pasaba unha alerta nos primeiros minutos da madrugada do día de Nadal por un incendio nunha vivenda da rúa Galicia de Zas. A rápida intervención dos membros de Protección Civil da localidade logrou que a extinción se producise nuns minutos e os danos non fosen maiores.
Ao lugar tamén foron enviados unha dotación dos bombeiros do Xallas con base en Santa Comba, composta por un cabo e dous bombeiros, quenes unha vez no lugar indicado comprobaron que o lume fora extinguido e procederon a facer un control dos gases e comprobar que non existía risco de reignición das lapas.