Protección Civil e Policía Local de Muxía, propostos para a medalla ao mérito

Membros da Policía Local e Protección Civil xunto aos integrantes do goberno local de Muxía_Cedida

  • O regulamento de honores non contempla esta opción, polo que será necesario modificalo

O goberno local de Muxía proporá a medalla ao mérito aos voluntarios de Protección Civil e membros da Policía Local da localidade modificando o actual regulamento de honores, que non contempla actualmente esta opción.

Así, iniciaranse os trámites para a creación “dun distintivo para a súa concesión a determinadas persoas ou entidades que realicen actuacións ou intervencións de interés para Muxía non contempladas ata o momento neste regulamento”, sinala o alcalde, Iago Toba, quen engade que “moitas veces só con palabras non é suficiente».

Cabe destacar que tanto Policía Local como Protección Civil desenvolveron tarefas “indispensables” para a seguridade da veciñanza durante o estado de alarma, ademais de supoñer un indispensable “apoio para moitas persoas nun contexto tremendamente complicado”, inciden desde o goberno local.

Related posts

Carballo consolida a tendencia á alza na reciclaxe de aceite vexetal usado

A Laracha avanza para adxudicar a mellora da rede de abastecemento en Caión e crear unha nova aplicación informática

A Mesa Local de Comercio de Carballo aprobou as iniciativas do CCA e Axober para o ano 2026