Protesta en San Caetano polos dereitos do persoal do Sergas

0 minutes read

Preto dunha trintena de delegados sindicais da CIG-Saude concentráronse diante da Xunta para esixir a recuperación dos dereitos laborais e salariais do persoal do Sergas.

 Din que dende o 2010 están a padecer unha discriminación salarial de preto de 200 euros respecto a outros traballadores da Xunta pola conxelación dos complementos específicos. Piden que se reúna a mesa sectorial para recuperar os salarios conxelados e negociar co Sergas novos ratios de persoal e outra política de contratación.