Protestas e disturbios polas novas restricións en Europa

1 minutes read

As novas restricións contra a pandemia sacoden Europa. Miles de persoas manifestáronse en Austria ante o inminente confinamento que entrará en vigor o luns. O convocante foi o Partido da Liberdade, de extrema dereita, e cuxo líder. Herbert Kickl, está en corentena tras dar positivo por coronavirus. A pesar de que a máscara é obrigatoria en concentracións de máis de cincuenta persoas, poucos eran os que a levaban.

Moito máis dramática foi a última noite en Holanda. A policía tivo facer disparos ao aire en Róterdam e sete persoas, entre elas axentes, resultaron feridas. Houbo decenas de arrestos. Os altercados comezaron tras unha manifestación pola decisión do Goberno de restrinxir o acceso a algúns lugares á poboación non vacinada. Algúns coches patrulla arderon. As autoridades chegaron a prohibir o acceso á zona para manter a orde pública. O alcalde da cidade, Ahmed Aboutaleb, asegura que a orde se ha restablecido pero cualificou a noite como «unha orxía de violencia.»

Os disturbios chegaron ata o outro lado do Atlántico, en territorio de ultramar francés. A illa de Guadalupe viviu unha nova noite de saqueos e incendios, e farmacias e tendas de telefonía foron saqueadas. Está a ser a resposta á decisión de impoñer a vacina aos sanitarios e o uso do pasaporte covid nun enclave no que menos da metade da poboación está inmunizada.