Protestas en Italia polas restricións anticovid


Enfrontamentos graves entre grupos de encarapuchados no norte de Italia, en Milán, Turín e Trieste, onde algunhas tendas foron atacadas e a policía italiana utilizou gases lacrimóxenos para poder dispersalos. Os disturbios coinciden coa entrada en vigor do decreto que obriga a hostalería a pechar ás seis da tarde e clausura outras actividade de ocio para frear a pandemia. Espéranse novas manifestacións nos próximos días debido ao alto grao de malestar social existente en Italia. O Ministerio do Interior advertiu de que é posible que as concentracións sexan utilizadas polo crime organizado, como xa ocorreu a semana pasada coas protestas de Nápoles, que estarían en parte orquestradas pola Camorra. O Ministerio italiano do Interior responsabilizou dos incidentes a provocadores de ultradereita e informou de dez arrestos.