Este mércores centos de israelís uníronse para pedir o fin da ocupación dos territorios, mentres que Tel Aviv está a prepararse para unha das maiores celebracións musicais do mundo, xa que este sábado 18 acollerá o Festival de Eurovisión.
«Estamos aquí […] para explicar que o que se mostra non é exactamente a realidade de Israel, a realidade son os millóns de palestinos que están baixo a ocupación israelí desde fai decenas de anos», declarou Efraim Davidi, un dos manifestantes e profesor da Universidade de Tel Aviv.