Nunha insólita protesta, centos de cubanos saíron este domingo ás rúas da Habana ao berro de «liberdade» en manifestacións pacíficas, que foron interceptadas polas forzas de seguridade e brigadas de partidarios do Goberno, producíndose enfrontamentos violentos e arrestos. A inédita manifestación foi retransmitida en directo por usuarios de Facebook e ten lugar no medio dunha grave crise económica e sanitaria no país caribeño, onde se sofre unha preocupante falta de alimentos, medicinas e outros produtos básicos. Nas redes sociais comezaron a circular vídeos doutras protestas, como o pobo oriental de Palma Soriano, Santiago de Cuba, onde centos de persoas tamén se mobilizaron nas rúas e escóitanse consignas como «non máis mentiras» e «non temos medo».
33