Protestas por restricións no Reino Unido, mentres case vai un millón de mortos por covid no mundo


Mentres se anuncia que o número de falecementos rexistrados por COVID-19 no mundo está ao bordo do millón de persoas, miles de manifestantes protestaron este sábado no centro de Londres, hacinados e a maioría sen máscara, contra as restricións impostas pola pandemia, producíndose enfrontamentos coa policía que tentaba dispersalos. No seu discurso ante a Asemblea Xeral da ONU, o primeiro ministro británico Boris Johnson chamaba á unidade planetaria para combatela. Tamén propuxo a creación dunha rede internacional de laboratorios de investigación para identificar patóxenos perigosos e evitar unha nova pandemia.