Protexamos o planeta

1 minutes read

A auga, os alimentos, o aire, o clima… todos estes elementos que fan posible a nosa vida no planeta son produto da natureza. Con todo, a acción humana supón unha das principais ameazas para a súa supervivencia. O cambio no uso do chan, a sobreexplotación dos recursos naturais, a deforestación, a alteración da calidade da auga potable, a xeración de gases de efecto invernadoiro que provoca o cambio climático, a contaminación e o tráfico e comercio de especies son algunhas das actividades humanas que supoñen un grave impacto para a natureza, para o planeta e para a saúde das persoas. O Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora cada 5 de xuño desde 1974, lembra a importancia de conservar e coidar a nosa natureza e a riqueza da súa biodiversidade e dos seus ecosistemas. Porque preservar o medio ambiente é sinónimo de coidar a nosa saúde. E hoxe, máis que nunca, é vital protexer as dúas para superar a covid-19 e ter un mundo máis sostible. É momento de reverter a situación: polo medio ambiente, pola biodiversidade, pola nosa saúde.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?