Proxectadas varias reformas no Estadio Municipal da Malata


A Deputación da Coruña colaborará co Concello de Ferrol con medio millón de euros para a primeira fase destas obras. Así o anuncióu o presidente provincial, Valentín González Formoso, durante a visita institucional que realizou ao Concello de Ferrol, na que estivo acompañado do alcalde da localidade, Ángel Mato, a deputada provincial Ana Lamas e os concelleiros Julián Reina e Eva Martínez. No estadio da Malata mantiveron unha reunión co presidente do Rácing de Ferrol, José María Criado, e o xerente e director deportivo do club, Carlos Mouriz. No encontro estudáronse os detalles do proxecto, que implicará unha remodelación integral centrada na mellora estética e de seguridade de todo o recinto deportivo e que se executará en varias fases.