Proxectan construír un parque eólico mariño entre Galicia e Portugal

A empresa Iberblue Wind, formada pola irlandesa Simply Blue Group e as españolas Proes Consultores e FF New Energy Ventures, proxecta construír dous parques eólicos mariños fronte ás costas de Galicia e do norte de Portugal, segundo anuncia este martes nun comunicado.

O proxecto prevé instalar 109 turbinas nunha superficie de 530 quilómetros cadrados fronte ás costas do Baixo Miño e Viana do Castelo, o que constituiría o «primeiro proxecto transfronteirizo de eólica mariña flotante do sur de Europa», sinala a empresa.

A súa intención é instalar os aeroxeradores sobre «plataformas flotantes ancoradas ao leito mariño» nunha zona «ao longo de 117 quilómetros cadrados fronte ao litoral que vai desde As Mariñas ata A Guarda e a unha distancia de entre 20 e 35 quilómetros da costa», co fin de «minimizar o seu impacto visual», apunta a empresa.

Os dous parques eólicos, denominados Juan Sebastián Elcano e Creoula, captarían ata un total de 1,96 xigawatts (GW), segundo os cálculos da empresa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha