Proxecto piloto de compostaxe en Zas e Mazaricos

Ilustración de un contenedor

Trátase dun proxecto piloto da Federación Rural Galega (FRUGA) financiado pola Deputación da Coruña para implantar un modelo de tratamento dos residuos baseado na compostaxe. A través dun convenio, que vén de ser aprobado na comisión de Promoción Económica que será refrendado definitivamente polo pleno o vindeiro venres, a Deputación destinará 48.000 euros para financiar este programa nos concellos, o que supón un 79,55% do total do orzamento que dispón FRUGA para levar a cabo as diferentes actividades programadas e sufragar os gastos que isto supón. O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas Gracía, explicou que o proxecto xa está en marcha e, nunha primeira fase, “desenvólvese nos concellos de Zas e Mazaricos coa intención de estendelo a máis municipios da provincia se ten éxito, co obxectivo de concienciar á poboación da necesidade de reducir a deposición de restos orgánicos nos contedores e de presentarlles a opción do seu aproveitamento”.