Proxecto piloto de compostaxe en Zas e Mazaricos

1 minutes read
Ilustración de un contenedor

Trátase dun proxecto piloto da Federación Rural Galega (FRUGA) financiado pola Deputación da Coruña para implantar un modelo de tratamento dos residuos baseado na compostaxe. A través dun convenio, que vén de ser aprobado na comisión de Promoción Económica que será refrendado definitivamente polo pleno o vindeiro venres, a Deputación destinará 48.000 euros para financiar este programa nos concellos, o que supón un 79,55% do total do orzamento que dispón FRUGA para levar a cabo as diferentes actividades programadas e sufragar os gastos que isto supón. O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas Gracía, explicou que o proxecto xa está en marcha e, nunha primeira fase, «desenvólvese nos concellos de Zas e Mazaricos coa intención de estendelo a máis municipios da provincia se ten éxito, co obxectivo de concienciar á poboación da necesidade de reducir a deposición de restos orgánicos nos contedores e de presentarlles a opción do seu aproveitamento».