Proxecto piloto para a eliminación do aluminio nas augas de consumo humano


Augas de Galicia impulsa un proxecto piloto para o estudo da eliminación do aluminio nas augas de consumo humano nos sistemas de abastecemento autónomo de Galicia. 

Os traballos forman parte da iniciativa que se están a desenvolver nos concellos de Oia, de Baleira, de Oímbra, de Mondariz, de San Xoán de Río e de Cerdedo-Cotobade para a elaboración e implantación de plans de abastecemento autónomo. 

Analizaranse as posibilidades técnicas para a retirada de aluminio das augas de abastecemento, avaliando tanto as formas en que o aluminio está presente como as técnicas posibles para a súa eliminación. 

Para iso, porase en marcha unha planta experimental no concello de Oia para a eliminación de aluminio nunha traída seleccionada, incluíndo a análise da auga de distintos pozos de barrena localizados no entorno dos puntos de captación.