Proxecto piloto para reducir o risco de incendios forestais

Reducir o risco de incendios. Esa é a razón pola que a Deputación da Coruña busca un concello da provincia que participe nunha proba piloto de uso compartido de maquinaria agrícola forestal. A actuación forma parte do proxecto europeo de xestión forestal conxunta GEFRECON, no que participa o ente provincial. Para poder desenvolvela, a institución xa puxo en marcha a contratación de equipamento forestal consistente nunha biotrituradora–astilladora e unha desbrozadora de martelos. O acordo que asinen o ente provincial e o concello seleccionado conterá a recepción e aceptación da cesión da maquinaria, as obrigas do municipio e da Deputación e os gastos. Os municipios da provincia interesados na proposta deben enviar as súas solicitudes antes do día 15 de decembro a través do correo electrónico pel@dacoruna.gal

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha