PSA revisará 31.000 coches por un fallo nos freos


O Grupo PSA revisará 31.000 vehículos en España por un posible problema nos freos. A alerta afecta aos modelos de gasolina de Citroën, Peugeot e DS fabricados entre marzo de 2013 e abril de 2017. O fabricante porase en contacto cos propietarios destes coches, pero a OCU aconsella contactar directamente coa marca a través de Internet. O problema de seguridade detectouno o sistema de Alertas Rápidas da Unión Europea, RAPEX, pero non hai constancia de accidentes relacionados co defecto.