- Todos os partidos da oposición repróchanlle a Feijóo haber convocado eleccións cando a previsión de rebrotes do coronavirus era una evidencia.
O candidato socialista, Gonzalo Caballero, considerou que «sería positivo» que o presidente da Xunta e candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, informase o «líder da oposición» do que está a ocorrer en relación aos rebrotes en Galicia para poder facer un seguimento. «Nós eramos partidarios de esperar a que se producise toda a desescalada e despois asentar a nova normalidade para ver como era a evolución do virus antes de convocar as eleccións», explicou Gonzalo Caballero, que volveu a criticar a «decisión unilateral» de Feijóo e pediu aos cidadáns que «extremen as precaucións».
Ana Pontón, candidata do BNG, pregúntase «Onde está o plan do Goberno ante un rebrote da pandemia na Mariña, cando estamos a falar dunha cuestión de saúde dos galegos», quen ademais dixo que «tivo catro meses para facelo». A líder nacionalista tamén envía unha mensaxe de «ánimo, tranquilidade e de confianza» ás persoas afectadas polo novo coronavirus na Mariña.
Galicia en Común-Anova Mareas tamén suspendeu os actos previstos na Mariña, Xosé Manuel Beiras reprocha ao presidente da Xunta e candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, esta situación por convocar eleccións cando eran previsibles, dixo, estes «rebrotes».