«PSdeG-PSOE, Marea Atlántica e BNG acordamos sumar esforzos e construír unha maioría de carácter progresista e galeguista co obxecto de sacar adiante os orzamentos para o ano 2020». Así conclúe o documento rubricado este luns pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, coa voceira da Marea Atlántica, María García, e mais o seu homólogo do Bloque, Francisco Jorquera, que segundo afirmaron os tres desembocará, a comezos de 2020, na aprobación das contas públicas do municipio co voto a prol de 17 dos 27 edís da corporación.
«A imaxe de tres grupos progresistas asinando un acordo orzamentario, un acordo de mandato, ten que ser a imaxe normal no escenario político. E non só a nivel municipal», dixo a alcaldesa Inés Rey.