O PSOE e ERC presentaron este luns unha emenda transaccional na que acordan rebaixar ata os 4 anos as penas máximas por malversación cando non exista ánimo de lucro e crear un novo tipo de malversación por dar aos fondos públicos un uso distinto ao previsto. Contaron finalmente co necesario voto a favor de Unidas Podemos.
Distinguiranse tres tipos de condutas castigadas por este delito: en primeiro lugar, a apropiación ou intento de apropiación de patrimonio público, con ánimo de lucro, para o enriquecemento persoal ou de terceiros, que integra a conduta máis grave; en segundo lugar, o uso temporal de patrimonio público para uso privado; e por último, dar ao patrimonio público unha aplicación distinta a aquela á que estaba destinado.