PSOE e PP tamén denuncian sabotaxes a súa cartelería en Carballo

1 minutes read

Tres dos partidos políticos que concorren en Carballo ás eleccións municipais deste próximo domingo (PP, PSOE e VOX) denunciaron publicamente o seu malestar e indignación polas sabotaxes que están a producirse sobre a súa respectiva publicidade estática, ben sexan carteis, valos ou lonas.

Desde a dirección de VOX en Galicia fixéronse eco este luns deste problema en Carballo, incluíndo documentación gráfica do estado da cartelería atacada con pintura vermella sobre o seu candidato, Manuel Gómez Eiroa.

Tamén o candidato do Partido Popular, Rubén Lorenzo, facía referencia nas redes sociais a un ataque vandálico sobre un valo de 8×3 metros situado na céntrica rúa Perú. Lorenzo destacaba que «as campañas electorais en democracia deberían ser limpas e respectuosas coa dignidade de todos os candidatos e candidatas».

Pola súa banda, a Agrupación Socialista de Carballo emitiu un comunicado este martes condenando firmemente os actos vandálicos que están a sufrir algúns partidos e en particular o seu. «Nos últimos días arrincáronnos carteis, sabotearonos con diferentes pintadas e sufrimos unha constante rotura de lonas. Incluso o soporte de madeira situado na praza municipal foi volteado o día de feira e tivemos que acudir para levantalo polos nosos propios medios. Estes feitos son totalmente deplorables e fan un fraco favor á democracia», concluían os socialistas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?