O programa de referencia matinal da radio formula musical «Las Mañanas de Frisco», dirixido e presentado polo coñecido radio dj Frisco Taibo, aos poucos vai pechando neste mes de xullo a súa décimo séptima tempada e faio cunhas invitadas máis que especiais.
Este venres pasouse polo programa a artista canaria PTAZETA, sen ningunha dúbida a revolución do Rap no noso país que está a arrasar e que acaba de asinar un contrato coa discográfica estadounidense Interscope, onde están Lady Gaga, Billie Eilish ou Eminem, entre outros.
E o xoves 14, a invitada será Mai Meneses, ou o que é o mesmo NENA DACONTE, que falará do seu máis que esperado regreso con novas cancións que volven demostrar a enorme calidade dunha das grandes artistas españolas.
Ata a data, nesta tempada, pasáronse polo programa: Los Secretos, Travis Birds, Rosa López, Funambulista, Soraya Arnelas, os coruñeses NENO, Carlos Núñez, Selena Leo, David Tavaré, Miguel Sáez, La Pegatina, Tu Otra Bonita, Teo Cardalda, VEGA…… o cal vén demostrar unha vez máis que segue sendo un dos programas musicais máis respectados a nivel nacional.