Publicada a actualización das tarifas aplicables aos servizos de taxi

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se aproban as novas tarifas aplicables aos servizos de transporte público de viaxeiros en automóbiles de turismo de ámbito interurbano, que entrarán en vigor o vindeiro día 23 de maio. Esta modificación trata de dar resposta a unha demanda dos profesionais, fundamentada na alza xeneralizada de prezos, especialmente dos carburantes, que provocan neste sector unha diminución da súa propia actividade profesional e unha alza significativa de custos. Estes dous feitos deron lugar á concorrencia dos supostos de excepcionalidade previstos na normativa vixente, e xustifican a necesidade de proceder a unha revisión das tarifas aplicables aos servizos que prestan. O detalle das tarifas actualizadas pode consultarse no seguinte enlace ao DOG: