Publicada a ampliación de axudas para eliminar fugas de auga en redes de abastecemento

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ampliación do crédito das axudas aos concellos para identificar e erradicar as fugas de auga nas redes municipais de abastecemento, mobilizando un orzamento total de case 600.000 euros.

Amplíase en preto de 300.000 euros o investimento na primeira convocatoria de axudas impulsadas pola Xunta para a realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, cuxo prazo rematou o pasado luns día 8, e á que se presentaron 83 solicitudes, esgotando o crédito inicialmente previsto. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información:  .

As axudas están dirixidas aos concellos responsables de sistemas de abastecemento, unha materia de competencia local, que teñen unha poboación igual ou inferior a 50.000 habitantes. Neste momento, estase a revisar a documentación presentada polas entidades locais e o cumprimento dos requisitos establecidos para a outorgación das axudas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha