Publicada a licitación da mellora do saneamento da ría de Cee-Corcubión

A Plataforma de Contratos da Xunta publicou esta licitación, cun prazo ata o 9 de decembro para que as empresas presenten as súas ofertas. Os traballos teñen un prazo de execución de 18 meses. O obxectivo é que o contrato poida estar adxudicado no primeiro trimestre de 2022 para empezar a continuación a execución das obras, previsiblemente na primavera e que, dese xeito, estean rematadas a finais de 2023.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentoulles estas actuacións aos representantes do Concello e das confrarías de Corcubión e de Fisterra, e destacou a licitación por máis de 8,1 millóns de euros das obras de mellora do saneamento da ría de Cee-Corcubión como exemplo da preocupación pola calidade das augas e por apoiar aos concellos nas súas competencias.

Estas obras están cofinanciadas con fondos europeos do programa operativo Galicia Feder 14-20. Trátase da primeira fase da mellora do sistema de saneamento de Cee e Corcubión, que se porá en marcha o vindeiro ano, tras un exhaustivo traballo de análise do sistema de saneamento destes dous municipios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha