19
En concreto, as obras serán para reparación da cuberta plana sobre a planta baixa do inmoble, que xera un espazo exterior accesible a modo de terraza e contarán cunha inversión autonómica de 253 mil euros. Este procedemento determina os requisitos técnicos que deberán reunir as empresa interesadas, que deberán presentar a súa solicitude para facerse cargo da obra. Esta actuación permitirá corrixir os defectos que provocan as filtracións de auga, causando deterioros nos espazos inferiores, cun novo sistema de cuberta que permita un axeitado mantemento do inmoble, así como unha praza exterior ao aire libre, acondicionada para o tránsito das persoas usuarias.