Publicada a listaxe definitiva dos beneficiarios do PEL-Reactiva na Laracha

PIXABAY

  • Deputación e Concello destinan 185.000 euros a este programa de axudas dirixido a microempresas e autónomos

A web do Concello da Laracha xa ten para consulta a resolución definitiva da concesión das axudas do PEL-Reactiva, dirixidas a autónomos e microempresas para poder paliar os efectos da crise provocada pola Covid-19. Este fondo de financiamento está dotado cun total de 185.113,21 euros, dos cales o 80% é achegado pola Deputación da Coruña e o 20% restante pola Administración local.

As achegas van desde os 1.500 ata os 3.000 euros, e os oitenta beneficiarios teñen de prazo ata o día 12 de maio para presentar a documentación xustificativa da subvención. Unha vez realizado ese trámite, o Concello aboará o importe da axuda concedida.