Publicada a norma que regula os sorteos de permisos de pesca fluvial para 2021

3 minutes read

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos galegos para a tempada 2021.

Como en anos anteriores, realizaranse dous sorteos por provincia: un para os permisos de coutos de salmón e outro para os restantes tipos de permisos, entre os que se inclúen os de troita, de reo, de pesca intensiva e aqueles de pesca sen morte non incluídos no sorteo anterior. A data prevista para a realización do sorteo é o 27 de novembro.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá, e o prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 27 de outubro ás 14.00 horas. Deste xeito, o 4 de novembro publicaranse as listas provisionais coas persoas excluídas e admitidas no proceso e o 19 dese mesmo mes sairán as definitivas.

As solicitudes deberanse presentar preferentemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta. De forma opcional, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015 de procedemento administrativo utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Os resultados dos sorteos poderán consultarse na web pescafluvial.xunta.gal e nas oficinas dos servizos provinciais de Patrimonio Natural. Do mesmo xeito, cada solicitante deberá comprobar na citada páxina o día e o rango horario no que lle corresponderá elixir os permisos.