Publicada a rebaixa mínima do 25% no IRPF para 800.000 agricultores e gandeiros

Un agricultor regando_PIXABAY

O Boletín Oficial do Estado publicou este martes a orde do Ministerio de Facenda e Función Pública pola que se reducen os Índices de Rendemento Neto aplicables en 2022 no sistema de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), o denominado sistema de módulos, para agricultores e gandeiros.

Esta orde recolle a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de minoración dos devanditos índices e ten en conta a incidencia da seca e outras circunstancias excepcionais que afectaron á rendibilidade de moitas explotacións agrícolas e gandeiras durante 2022, como a guerra en Ucraína, que causou un encarecemento dos custos de produción.

A orde establece unha redución xeral do rendemento neto do 25% que poderán aplicarse os aproximadamente 800.000 agricultores e gandeiros que tributan polo sistema de módulos. Determinados sectores en situación máis vulnerable benefícianse ademais de reducións específicas, que son do 50% no caso do oliveiral, a amendoeira e a apicultura, e do 30% para cereais, oleaxinosas e leguminosas, castiñeiro, pexego, nectarina, albaricoque e os demais sectores gandeiros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha