Publicada a terceira entrega de ‘Eu Son Camariñas’ con Luna Suárez, arquitecta de Camelle

1 minutes read
  • A protagonista realizou o traballo de fin de grao sobre Manfred Gnädinger

O Concello de Camariñas publicou a terceira entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ dándolle voz a Luna Suárez Marcote, unha arquitecta de Camelle cuxo traballo de fin de grao tivo como protagonista a Manfred Gnädinger, o Alemán de Camelle.

Luna estudou arquitectura na Universidade da Coruña e actualmente traballa nun estudio da cidade herculina. Creceu ao carón do artista alemán e iso levouna a plasmar no seu traballo académico a vida e arte desta personaxe tan selleiro de Camariñas e da Costa da Morte.

‘Eu son Camariñas’ é un un proxecto municipal creado para dar visibilidade a aqueles veciños que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. Cada mes publicarase na web do proxecto un vídeo cunha entrevista a unha persoa de Camariñas que destaque por algún dos puntos anteriormente mencionados.