Publicada unha guía para a adopción de medidas anticovid nos espazos termais


O documento recopila a normativa aplicable e orienta sobre as medidas a tomar, tanto nas instalacións como no seu uso, aportando recomendacións tanto de limpeza e desinfección, dos distintos espazos, como medidas habituais de protección durante a pandemia, como o uso de máscara e a distanza de seguridade, adaptadas as súas características.

As referencias e recomendacións serán equiparables ás das piscinas e, nalgún caso, ás das praias, posto que o tipo de instalacións son asimilables. Igualmente se seguirán sen obviar o cumprimento da lexislación vixente nestes espazos para acadar o informe sanitario favorable para o seu aproveitamento lúdico.

A guía está dispoñible na seguinte ligazón web.

Medidas xerais de seguridad

En xeral será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos, e só se excepturá cando seu uso sexa incompatible coa natureza da actividade ou esta se desenvolva nun espazo determinado, sen desprazamentos e sempre que se poda garantir a distanza de seguridade interpersoal que será de 1.5 metros, e de catro metros cadrados por persoa nos vasos ou piscinas, entre persoas non conviventes.

Tanto en canto a cabida en vestiarios, zonas de ducha, vasos, piscinas ou outros espazos como no número de persoas por grupo, etc. estas medidas adaptaranse sempre as restricións vixentes en cada concello.