Publicada unha nova convocatoria de casas niño para a creación de 50 prazas máis

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres unha nova convocatoria de casas niño para a creación de 50 prazas máis de conciliación no rural. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou a casa niño Tartaruga, situada no concello de Aranga, onde puxo en valor este tipo de servizos que permiten ofrecer atención a nenos de 0 a 3 anos, 100% gratuíta para as familias e en concellos sen escola infantil. A conselleira apuntou que o Goberno galego habilitou preto de 900.000 euros para a creación de dez novos centros que se sumarán aos 95 xa existentes por toda a Comunidade. Deste xeito, seguirase apostando por estes recursos que nacían no ano 2016 coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre territorios e entre as familias que viven nunha cidade e as que viven no rural.