Publicadas as axudas da Deputación da Coruña ás agrupacións de Protección Civil

2 minutes read

A Deputación da Coruña dá apoio a 17 agrupacións e asociacións de Protección Civil da provincia no desenvolvemento das súas actividades a través dun investimento de 74.996,87 euros.

A concesión definitiva das axudas vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As subvencións permitirán financiar a adquisición de vestiario, equipamento técnico, outros bens necesarios para o desenvolvemento das actividades, a posta en marcha de agrupacións ou accións formativas, entre outras.

As contías da axudas oscilan entre un mínimos de 2.200 euros e un máximo de 6.600 euros e beneficiarán aos equipos de Protección Civil dos concellos de Abegono, Betanzos, Camariñas, Carnota, Curtis, Muros, Muxía, Trazo, Vimianzo, Marazaricos, Carballo, Zas, Boiro e Cedeira, e a asociacións de agrupacións.

A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, que tamén ten entre as súas atribucións o apoio a Protección Civil, destacou a importancia destas axudas “para manter unhas agrupacións que fan un traballo esencial nos municipios da nosa provincia” e puxo en valor a contribución da Deputación tanto para dotar de material ás agrupacións como para mellorar a formación dos voluntarios e voluntarias en cuestións como prevención e atención a urxencias e emerxencias, manexo de radio ou pilotaxe de drons.

Listaxe de entidades beneficiarias destas axudas:

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?