Publicadas as axudas para as Q de Calidade Turística

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria das axudas para a obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española para este ano e que conta cun orzamento de 170.000 euros.

As axudas están dirixidas a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE ao obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q .

Polo que poderán ser beneficiarias destas subvencións, os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local, e as as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos, que deberán ter inscrita a actividade turística para a que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.