Publicadas as bases do concurso de postal e cartel de Nadal para alumnado de infantil e primaria de Carballo

2 minutes read

O Concello de Carballo deu a coñecer as bases do concurso que organiza para seleccionar a tarxeta de felicitación e o cartel co que anunciará as vindeiras festas de Nadal 2023. Poderán participar neste concurso o alumnado de educación infantil ou educación primaria do municipio de Carballo, presentando unha soa obra por neno ou nena. Atendendo ás características excepcionais do CEIP Canosa-Rus, o alumnado deste centro tamén poderá participar neste concurso. As obras deberán ser presentadas por un colexio ou entidade. A autoría dos traballos deberá ser individual.

Os traballos presentaranse en cartulina de tamaño 210×297 mm. (tamaño A4), como mínimo, ou 400×500 mm. como máximo, figurando no dorso o nome, apelidos, idade, enderezo e teléfono do autor/a e o nome do colexio no que estuda. No caso de que o traballo se presente desde outra entidade que non sexa o colexio (ANPA ou Asociación), deberá figurar o nome da entidade. En todas as obras deberá figurar o seguinte lema: NADAL CULTURAL 2023 CONCELLO DE CARBALLO.

O prazo de presentación das obras rematará o luns 27 de novembro de 2023 antes das 13.30 h, debendo realizarse a entrega dos traballos nas oficinas da Concellería de Cultura situadas no Pazo da Cultura.

PREMIOS:

1º PREMIO 175 € (máximo en libros e xoguetes)
2º PREMIO 100 € (máximo en libros e xoguetes)
5 ACCÉSITS 60 € (máximo en libros e xoguetes)
O colexio ou entidade do traballo gañador do 1º PREMIO recibirá un premio de 150 € en material didáctico. O primeiro e o segundo premio serán publicados como tarxeta de felicitación do Concello de Carballo e cartel anunciador das festas, respectivamente. As obras serán publicadas na páxina web e rrss do concello indicando a súa autoría.
Os colexios ou entidades que colaboran coa organización presentando os traballos dun mínimo do 30% do seu alumnado, recibirán un vale para mercar material didáctico e educativo por un importe aproximado de 30€.

As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de Carballo que terá todos os dereitos de explotación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?