Publicadas as bases do Plan de Emprego de Ponteceso

1 minutes read
  • Os aspirantes aos postos ofertados dispoñen de sete días hábiles para presentar as súas solicitudes

Este martes publicouse a convocatoria para a cobertura inicial das prazas de persoal laboral de carácter temporal no Concello de Ponteceso a través do Plan de Emprego.

Entre os postos ofertados atópase unha praza de condutor para os vehículos adscritos ao alumeado público municipal, obras e servizos; dúas prazas de albaneis para realizar tarefas de mantemento das vías públicas municipais; e dúas prazas de operario de servizos xerais para a limpeza viaria.

A xornada de traballo está definida como completa en todas as prazas, cunha duración de contrato de 8 meses. As persoas interesadas en participar dispoñen de sete días para presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.