Publicadas as bases para contratar un axente de igualdade na Laracha

Ayuntamiento de A Laracha_GOOGLE MAPS

  • O sistema de selección será mediante concurso-oposición

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este venres as bases que regularán o procedemento de selección dun técnico de igualdade para o Concello da Laracha a xornada completa por un período de sete meses. As súas funcións centraranse na programación, planificación, intervención e realización de proxectos sobre a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero. A selección farase polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de inscrición para participar no procedemento é de cinco días hábiles a partir deste sábado. As instancias poden presentarse a través da sede electrónica do Concello da Laracha ou acudindo ao rexistro xeral municipal.