O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Zas de dous treitos nas estradas autonómicas AC-430 e AC-552, ao paso pola parroquia de Santa María de Baio.
O Concello de Zas solicitou ao departamento de Infraestruturas da Xunta a transferencia da titularidade do treito inicial de 180 metros de lonxitude a AC-430, do punto quilométrico 0 ao 0,18, e o tramo de case 500 metros de lonxitude da AC-552, entre o quilómetro 58 e o 58,4.
Trátase de dous tramos destas vías autonómicas que teñen un tráfico rodado de carácter local e urbano, sen funcionalidade dentro da rede de estradas da Xunta. Ademais, a AG-55 xunto coa VG-1.5 constitúen unha alternativa viaria ao treito da AC-552 que atravesa o núcleo de Baio.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, de acordo cos informes emitidos polos servizos da Axencia Galega de Infraestruturas, formula a proposta favorable de transferencia destes tramos das vías autonómicas.
A transferencia a prol do Concello de Zas tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.