Publicado o calendario laboral para 2022


O calendario laboral de Galicia para o próximo ano terá como festivos propios os días das Letras Galegas (17 de maio) e de San Xoán (24 de xuño).

A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (15 de abril en 2022), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2022 hai dous festivos nacionais que coinciden en domingo: o 1 de maio (día do Traballo), que se substitúe polo 17 de maio, día das Letras Galegas; e o 25 de decembro (Nadal), que se cambia polo día de San Xoán (24 de xuño).

Ademais, outros tres festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2022 se celebrará o 15 de abril), que Galicia non cambia tradicionalmente; e dáselle a opción ás comunidades entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. Sempre se elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

Calendario Laboral 2022

FESTIVIDADEDATADÍA DA SEMANA
Aninovo1 de xaneirosábado
Epifanía do Señor (Día de Reis)6 de xaneiroxoves
Xoves Santo14 de abrilxoves
Venres Santo15 de abrilvenres
Letras Galegas17 de maiomartes
San Xoán24 xuñovenres
Día Nacional de Galicia25 xulloluns
Asunción da Virxe15 agostoluns
Festa Nacional de España12 de outubromércores
Todos os Santos1 de novembromartes
Día da Constitución Española6 de decembromartes
Inmaculada Concepción8 de decembroxoves