Publicados os incentivos para favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade

1 minutes read

Serán preto de 10 millóns de euros para financiar as actuacións dos centros especiais de emprego (CEE) correspondentes aos meses de xullo a novembro deste ano. Con esta iniciativa, agardase poder beneficiar preto de 4.000 persoas traballadoras con discapacidade e crear máis de 125 postos de traballo indefinido. A iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inclúe tres liñas de axuda: a primeira, para o mantemento do custo salarial nos CEE; unha segunda, para financiar as unidades de apoio á actividade profesional; e, por último, unha terceira que promoverá a creación de postos estables para persoas con discapacidade e a adaptación de postos nestes centros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?