A vida do republicano coruñés Juan González do Val xa pode lerse nun libro escrito pola investigadora histórica María Torres e publicado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) en colaboración coa editorial Alkibla. A obra titúlase “Un sol incoloro”,
Juan González do Val foi un intelectual galego que, tras o golpe de estado de 1936, non dubidou en mobilizarse para defender ao lexítimo Goberno elixido polo pobo español. Despois viría o exilio en Francia, o confinamento en Angoulême, a deportación ao campo de concentración nazi de Mauthausen e o seu posterior traslado ao sinistro castelo de Hartheim, onde pereceu asasinado cando contaba 43 anos. Esta é a historia dun home atrapado entre dúas guerras, ao que a intolerancia do fascismo español e do horror nazi fixéronlle padecer un sufrimento sen medida e arrebatáronlle o ben máis prezado: a vida.
A autora, María Torres Celada é investigadora histórica, escritora e memorialista. «A memoria é a miña militancia, a miña revolución permanente, porque abrazo a certeza de que a Memoria é a alternativa ao silencio imposto, un acto case subversivo que devolve a voz aos que foron silenciados, a dignidade aos que foron aldraxados, pon fin á impunidade do opresor e impide que continúe perpetuándose a traizón. Son neta dun represalias do franquismo, un republicano español. Talvez por iso a loita de tantas vítimas, en calquera lugar do mundo, resúltame tan dolorosa e tan próxima».
Desde hai anos, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica difundiu a historia dos republicanos galegos deportados aos campos de concentración nazis. O punto de partida foi a homenaxe do Parlamento de Galicia que se celebrou en febreiro de 2018 e que foi promovido pola ARMH. Desde entón a ARMH publicou varias biografías, levou a cabo actos de difusión das súas vidas e promoveu a colocación dos primeiros stolpersteine, coñecidos como as lastras da memoria; o último deles colocado a semana pasada fronte á que foi residencia de Juan González do Val nun SOL INCOLORO Subtítulo Juan González do Val, un intelectual galego asasinado no castelo de Hartheim (1941).