Puigdemont, detido en Sardeña pola orde de busca e captura do Supremo


A Policía italiana detivo en Sardeña ao expresidente do Goberno catalán Carles Puigdemont, prófugo da Xustiza española desde o outono de 2017. Estaba na illa italiana nun evento e foi arrestado pola euroorden emitida polo xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena, instrutor da causa do ‘procés’. O político catalán poderá solicitar de novo medidas cautelares ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea para tratar de recuperar a súa inmunidade como eurodeputado e parar a súa extradición a España. O seu avogado acusou a España de “provocar a detención dun eurodeputado por parte doutro estado membro da UE. Conseguiuno enganando ao Tribunal de Luxemburgo, pois dixeron que iso non pasaría. A detención durará máximo unhas horas, pero a vergoña de España quedará para a historia”, sentenciou.