Puigdemont e Comín debutan como eurodeputados

Carles Puigdemont e Toni Comín sentaron na última fila do Parlamento Europeo co resto do grupo de non adscritos e lamentaron a ausencia de Oriol Junqueras. Antes, o ex-presidente da Generalitat reclamara a atención da Unión Europea sobre o conflito catalán: «hoxe estamos aquí para acreditar que xa é un asunto europeo e que impactou de cheo nos fundamentos da construción europea. Polo tanto, é obrigatorio que a Unión Europea deixe de mirar cara a outro lado»

O presidente da Generalitat, Quim Torra, e o do Parlament, Roger Torrent, acompañaron os novos eurodeputados xunto a varios simpatizantes da causa independentista. O presidente do Tribunal Supremo, Carlos Lesmes, pediulle este luns á cámara de Estrasburgo que retire a inmunidade a Puigdemont para poder continuar co proceso de extradición en Bélxica. O ex-presidente espera que, conforme aos novos tempos da política española, o grupo socialista vote en contra da petición.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha