Puigdemont queda en liberdade sen medidas cautelares


A xustiza italiana deixou en liberdade ao expresidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont, detido o xoves en Sardeña onde viaxara para participar nun acto cultural. Finalmente, Puigdemont pode abandonar a illa libremente ao non adoptarse medida cautelar algunha, aínda que está citado para o 4 de outubro ante o Tribunal de Apelación de Sassari que tomará unha decisión definitiva sobre o seu caso.
Puigdemont foi detido porque o Tribunal Supremo español mantén unha orde de detención europea contra a súa persoa, por un delito de sedición e malversación. Mentres, nas rúas de diversas cidades catalás, rexistráronse manifestacións de apoio ao expresidente catalán que contaron coa participación de varios líderes proindependentistas.