Puigdemont renuncia a ser candidato de JxCat

O expresidente da Generalitat Carles Puigdemont renunciou a presentar a súa candidatura ás primarias de JxCat para elixir o aspirante á presidencia da Generalitat nas próximas eleccións catalás do 14 de febreiro.

Nun directo a través de Twitter desde Waterloo (Bélxica), Puigdemont dixo: «A represión española impídeme ser candidato a investidura e non o serei».

Explicou que tampouco encabezará a candidatura, aínda que sinalou que «liderará» o proxecto, implicarase na campaña e formará parte desa candidatura.

Esta medianoite pechouse o prazo para presentar candidaturas ás primarias, para as que xa oficializaron a súa vontade de presentarse o conseller de Territorio e Sustentabilidade, Damià Calvet, a portavoz de JxCat no Congreso, Laura Borràs, e o militante de base Joan-Ramon Colomines.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha